Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2016

UN EMIGRANTE MAIS

Un emigrado máis Nunca souben cando iba, nunca vin cando quisen, poucas cheguei cando esperaba, sempre esperei voltar de onde viña. Os comezos sempre duros, a distancia sempre lonxe; as proximidades das súas xentes fixo da morriña a casa nova. Cada casiña unha bágoa, en cada mirada unha tristura, na unión as novas xentes renaceu Breogán no meu soñar. Cada volta é unha festa, cada festa unha algarabía, cada adéus é un soño esquecido, cada aperta é un corazón doído. Cada vez estás más preto, cada vez vente mais lonxe os meus ollos cheos de bágoas: transpiran de agarimos pola xentiña. Miña terra, terra miña! Non che esquezo na alegría, aférrome a tí na morriña. ¡Viva Galiza neste Día! Poema dedicado aos emigrantes galegos no 50 aniversario do Centro Galego de Valencia JOSÉ RAMÓN CERDEIRA ALONSO 21/FEBREIRO/2016 VALENCIA